Monday 20 de May de 2024

O profesorado da Escola de Música publica un libro dedicado ao seu alumnado


• ‘O Son dos valores’ é un conxunto de relatos breves sobre a importancia da música en Ortigueira e sobre os coñecementos, non só lectivos, que se aprenden na súa escola de música

• O libro pódese atopar na plataforma de Amazon, gratis, tanto na súa versión en papel como na dixital

O profesorado da Escola de Música de Ortigueira publica, a través de Amazon, un libro dedicado ao seu alumnado.

‘OuSon dos valores’ é un conxunto de relatos breves sobre a importancia da música en Ortigueira, e como os valores que se aprenden na súa escola de música poden ser aplicados á vida cotiá.

As aventuras céntranse nun grupo de estudantes que descobren a súa paixón pola música e deciden estudar na EMCO. A través das súas experiencias, aprenden non só habilidades musicais, senón tamén valores como o traballo en equipo, a perseveranza, a disciplina e a empatía.

Os relatos están ambientados na contorna da Escola de Música, con personaxes imaxinarios, pero inspirados nas experiencias reais de estudantes e profesores. A música é unha linguaxe universal que pode unir ás persoas de diferentes culturas e antecedentes, e estas historias celebran dita diversidade cultural.

O texto está editado e producido polo profesorado, que serve como regalo que o alumnado que actúe nos próximos eventos ao longo da primavera.

O libro pódese atopar na plataforma de Amazon, gratis, tanto na súa versión en papel como na dixital.